miércoles, 24 de abril de 2013





Os rapaces/as de 3º ESO fixeron un video sobre o poema de Cantares Gallegos titulado "Nasín cando as prantas nasen". Foron eles os que pensaron unha imaxe para cada un dos versos e logo fixeron as fotos correspondentes e montaron o video.

Presentárono ao concurso "Imanina Cantares", agardamos que teñan sorte; mais, de todos xeitos, xa estamos orgullosos polo resultado e polo camiño andando entre todos.
Cando poidamos publicar o video, poñerémolo aquí.

O dito, SORTE.


martes, 16 de abril de 2013

VISITA AOS LUGARES DE ROSALÍA

O pasado mércores día 10 de abril fomos a Padrón a coñecer a terra de Rosalía. Por razóns de tempo só poidemos ver a Colexiata do Sar, o cemiterio de Adina e a casa da Matanza.
Aos dous primeiros lugares foron un total de 15 alumnas de 3º e 4º da ESO e á casa de Rosalía sumáronse 25 rapaces/as máis de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de BAC (estes foron antes facer rafting polo Ulla)